Thursday 09 de May de 2024

A Xunta amplía a Rede de Orientación Persoale Familiar a 42 centros que exercen de coordinadores para apoio ao alumnado con máis dificultades


— Esta iniciativa pioneira, que arrancou o ano pasado, acadou no seu primeiro curso de funcionamento preto de 500 alumnos atendidos de máis de 300 colexios e institutos

— Cada centro da rede conta cunha unidade de Acompañamento e Orientación persoal con docentes coordinadores para o desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento aos estudantes que o precisen

A Xunta de Galicia vén de ampliar a Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia a un total de 42 centros públicos de Infantil, Primaria e Secundaria, dez máis que o pasado curso, que este ano exercerán como coordinadores do resto dos colexios e institutos da súa área de influencia para o apoio ao alumnado con maiores dificultades desde o punto de vista educativo e familiar.

Esta acción, que a Consellería de Educación puxo en marcha de xeito pioneiro o curso pasado, supuxo a creación dunha rede de 32 centros educativos que exercían de dinamizadores das súas respectivas áreas a través doutras tantas unidades de acompañamento e orientación, dotadas con profesorado específico. Agora, co obxectivo de continuar o programa, a rede amplíase en dez centros máis.
Apoio educativo e familiar ao alumnado máis vulnerable
A tarefa desta Rede de Orientación Persoal e Familia de Galicia céntrase en desenvolver actuacións específicas de apoio e seguimento ao alumnado más vulnerable desde o punto de vista educativo, ao tempo que colaborar coas familias e a contorna. Durante o pasado curso esta rede prestou apoio a preto de 500 alumnos e de máis de 300 centros educativos.

Ademais, co fin de atender á área xeográfica que lle corresponda e favorecer a mobilidade e o desprazamento dos profesionais, cada un destes centros constitúe unha unidade de Acompañamento e Orientación persoal atendida por unha persoa coordinadora do grupo dos 42 docentes incorporados para esta función.

Estes docentes -a razón dun por centro da rede- son os encargados do desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento ao alumnado que o precise. A súa función é a de complementar a actuación ordinaria dos centros educativos da súa área, sobre todo atendendo ás situacións máis delicadas, e sempre en coordinación cos departamentos de orientanción dos centros. Tamén se realizan labores de acompañamento ás familias, ofrecéndolles recursos para unha maior implicación nos procesos educativos dos seus fillos.

Esta Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia sirve tamén de apoio e reforzo ao labor dos máis de 4.000 profesionais dedicados á orientación e o reforzo educativo que diariamente están traballando de xeito ordinario nos centros educativos galegos.

Listado de centros da Rede de Acompañamento e Orientación Persoal e Familiar neste curso (en negriña os de nova incorporación):

PROVINCIA CONCELLO CENTROS ZONA XEOGRÁFICA
A CORUÑA A CORUÑA CIFP Ánxel Casal- Monte Alto A Coruña, Oleiros, Sada, Bergondo,    Oza-Cesuras, Betanzos, Coirós, Curtis, Vilasantar.
A CORUÑA A CORUÑA CIFP Someso A Coruña, Culleredo.
A CORUÑA A CORUÑA CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane A Coruña.
A CORUÑA AMES IES Plurilingüe de Ames Ames, Santiago de Compostela.
A CORUÑA ARTEIXO IES Manuel Murguía Arteixo, A Coruña, Laracha.
A CORUÑA CEDEIRA IES Punta Candieira Cariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, San Sadurniño, Moeche, Somozas.
A CORUÑA CEE IES Fernando Blanco Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Muxía,  Mazaricos, Carnota, Muros.
A CORUÑA CERCEDA CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Laxe, Ponteceso, Malpica, Val do Dubra, Santa Comba.
A CORUÑA CERCEDA CPI Plurilingüe O Cruce Cambre, Carral, Abegondo.
A CORUÑA FERROL  IES Catabois Ferrol, Monfero, A Capela.
A CORUÑA FERROL  CIFP Leixa  Cabanas, Pontedeume,  Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón, Miño, Vilarmaior, Aranga, As Pontes.
A CORUÑA NOIA CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso Lousame, Noia, Outes, Porto do Son.
A CORUÑA RIBEIRA IES Leliadoura Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo.
A CORUÑA ROIS CPI Plurilingüe Dos Dices Catoira, Valga, Negreira, A Baña, Rois, Brión, Padrón, Dodro, Pontecesures, Caldas de Reis, Cuntis.
A CORUÑA SANTIAGO DE COMPOSTELA CEIP das Fontiñas Santiago de Compostela.
A CORUÑA SANTIAGO DE COMPOSTELA CEIP Pío XII Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo.
A CORUÑA VEDRA CPI Plurilingüe de Vedra Vedra, Santiago, Teo, Boqueixón.
A CORUÑA VILA DE CRUCES CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Melide, Sobrado, Toques, Santiso.
A CORUÑA VIMIANZO IES Terra de Soneira Camariñas, Vimianzo, Zas.
LUGO A FONSAGRADA CEIP Plurilingüe Santa María A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Baleira, Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Baralla, Meira, A Pontenova.
LUGO FOZ IES de Foz Ribadeo, Trabada, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo.
LUGO LUGO IES Leiras Pulpeiro Lugo, Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Rábade, Outeiro de Rei, Friol.
LUGO LUGO CEIP Luís Pimentel Lugo, Sarria, O Páramo, Paradela, O Incio, Samos, Triacastela, Láncara.
LUGO LUGO CEIP Paradai Lugo,  Castroverde, O Corgo, Guntín, Portomarín, Pol, Cospeito, Castro de Rei, Begonte.
LUGO MONFORTE DE LEMOS CEIP Plurilingüe  de Monforte de Lemos Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Bóveda, O Saviñao, Pantón, Sober,  Chantada, Taboada, Carballedo, A Peroxa, Nogueira de Ramuín.
LUGO VILALBA CEIP Antonio Insua Bermúdez Muras, Xermade, Guitiriz, Vilalba, A Pastoriza, Abadín, Riotorto,  Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro.
OURENSE CELANOVA CEIP Plurilingüe Curros Enríquez San Cibrao das Viñas, Taboadela,  Celanova, Cartelle, Ramirás, A Merca, Padrenda, Muíños, Lobios, Entrimo, Bande, Crecente, Arbo, A Cañiza, Covelo, Toén, Barbadás, Ourense, As Neves, Salvaterra de Miño.
OURENSE O BARCO DE VALDEORRAS IES Lauro Olmo A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, O Barco, Vilamartín, A Rúa, Petín, O Bolo, Larouco, Viana do Bolo, Pobra de Tribes, Manzaneda, Castrocaldelas, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, A Gudiña, A Mezquita, Vilariño de Conso.
OURENSE OURENSE CPI Plurilingüe José García García Ourense
OURENSE VERÍN IES Xesús Taboada Chivite Verín, Vilardevós, Riós, Castrelo do Val, Laza, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Vilar de Barrio, Sarreaus, Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Sandiás, Xinzo de Limia, Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía.
OURENSE VILAMARÍN IES de Vilamarín Vilamarín, San Cristobo de Cea, O Irixo, Beariz, Boborás, O Carballiño, Maside, San Amaro, Punxín, Avión, Leiro, Cenlle, Carballeda de Avia, Melón, Ribadavia, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, Ourense.
PONTEVEDRA  BAIONA IES Primeiro de Marzo Baiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui.
PONTEVEDRA  GONDOMAR IES Auga da Laxe  Gondomar, Vigo, Salceda de Caselas, Ponteareas.
PONTEVEDRA  NIGRÁN IES Valmiñor Nigrán, Vigo.
PONTEVEDRA CAMBADOS CEP Antonio Magariños Pastoriza Cambados, O Grove, Illa de Arousa, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Meis.
PONTEVEDRA LALÍN CEIP Xaquín Loriga Lalín, Vila de Cruces, Agolada, Silleda, Rodeiro, Dozón, Forcarei, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, A Lama.
PONTEVEDRA MOAÑA IES Plurilingüe A Paralaia Moaña, Marín, Vilaboa, Bueu, Cangas, Soutomaior.
PONTEVEDRA PONTE CALDELAS CEIP Plurilingüe A Reigosa  Ponte Caldelas,  Pontevedra, Redondela, Vigo, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario.
PONTEVEDRA PONTEVEDRA CIFP A Xunqueira Pontevedra, Poio, Vilagarcía de Arousa, Portas, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Marín.
PONTEVEDRA SANXENXO CEIP de Portonovo Pontevedra.
PONTEVEDRA VIGO IES de Teis Vigo.
PONTEVEDRA VIGO CEIP Plurilingüe O Sello Vigo, Porriño, Mos.